Archivo de la etiqueta: Santiago de Compostela

Fuc

Estándar

IMG-20180713-WA0055

Costou subir os podcast pero xa estamos traballando… POR FIN!!!

Estándar

Este foi o primeiro programa do 2013 – 2014. Emitiuse o 4 de outubro en CUAC FM como ven sendo dende que comezamos o noso programa.

O xenio e a loucura:

– Nikola Tesla.
– Eskizotribo en Obradoiro Jatafarta (Compostela).
– Wilhem Reich: Falar falouse, que non é pouco… (cando escoitedes ides entendelo).

Ir a descargar

Tesla_circa_1890

Xornadas A Loucura na Corda en Compostela

Estándar

Pois rematou!! E como rematou? Pois cunha festa. Como iba rematar se non? Non estivo toda a xente que participou nas xornadas durante os catro días que foi moita. E menos mal, que se non non saberiamos onde meter tanta xente

Agradecemos a todxs xs que participaron dunha ou doutra forma. Moi especialmente á xente de Compostela que tivo a idea de organizar «A Loucura na Corda» e cxs que traballamos de boa gana aportando todo o que puidemos e sabiamos.

Foi un encontro no que se falou de moitos dos temas que preocupan ao mundo da saúde mental. Para nós foi sen dúbida moi enriquecedor dende o momento de comezar a organizar e esperamos que para toda a xente que acudiu nalgún momento tamén o fose.

Grazas de novo a todxs!!! Vémonos nas próximas!!!

PD: A ver se se pasa a sensación de euforia que se non non hai quen durma.

IMAGENBLOGG16

Xornadas A Loucura na Corda en Santiago de Compostela do 17 ao 20 de setembro

Estándar

Loucura_cartaz

 

A semana que ven en Santiago de Compostela reservade tempo para facer unha visita e compartir experiencias.

A Asociación Radio Prometea colaborou con xente de Compostela, con diferentes relacions có mundo da saúde mental, na organización destas xornadas. Gracias a todxs elxs pola sua iniciativa, interese e gañas de facer cousas neste eido no que hai tanto por mellorar.

Levamos uns meses a voltas có tema e levou o seu traballo organizalo todo. Non nos fagades o feo de non pasar sen causa xustificada… si… un chisquiño de chantaxe emocional 😛