Archivo de la etiqueta: estigma

Fuc

Estándar

IMG-20180713-WA0055

Algunas ideas en el Día Mundial de la Salud Mental

Estándar

Os dejamos aquí nuestra participación como Radio Prometea en una mesa redonda, a la que fuimos invitadas por el Movemento Galego Saúde Mental. La mesa fue este pasado 8 de Octubre, en el Aula Magna de la facultad de Ciencias de la Salud, Hospital Marítimo de Oza (A Coruña)

(El texto está en gallego, confiamos en que no tengáis dificultades para entenderlo, hoy no tenemos tiempo para traducirlo)

«Boas tardes a todas e todos. Antes de nada queremos agradecer ao Movemento Galego de Saúde Mental o convite para falar nesta mesa, estes dez minutos que queremos aproveitar ben.

En primeiro lugar queremos explicar que é Radio Prometea e por qué nace. Radio Prometea é unha asociación cultural formada maioritariamente por persoas diagnosticadas pola psiquiatría. A nosa actividade principal, ainda que non a única, é a elaboración dun programa de radio quincenal na emisora comunitaria da nosa cidade, A Coruña. Pero sobre todo é unha experiencia, usando a radio como vehículo, de inclusión social, fora de calquer espacio clínico e sen tutela profesional. Neste sentido está inspirada na experiencia barcelonesa de Radio Nikosia.

Radio Prometea nace por necesidade pura e dura da existenza dun espazo social con estas características, e se mantén co traballo voluntario de todas as persoas socias de Radio Prometea. Necesidade de participación social, que é unha carencia grande neste colectivo, necesidade de crítica do sistema de Saúde Mental, e necesidade de alternativas terapéuticas, pero tamén culturais. E por último, necesidade reivindicativa dos nosos dereitos como persoas, independentemente do diagnóstico.

Cando nos convidaron a falar nesta mesa, a idea inicial era falar contra o estigma, a partir da nosa experiencia persoal. Sinceramente, a cuestión do estigma parécenos unha cortina de fume para que nada mude. As campañas contra o estigma que temos visto ata agora consisten en perpetuar a imaxe que precisamente parecen querer erradicar: A de persoas que precisan de xeito crónico tutelaxe profesional, psicofármacos, e alguén que fale por elas, de xeito máis ou menos paternalista, para tranquilizar ao resto da sociedade sobre as ideas criminalizadoras que ten sufrido este colectivo de xeito tamén crónico. Sen esquecer que moitas de estas campañas están patrocinadas polas mesmas industrias farmacéuticas que se benefician económicamente da cronificación.Vemos un claro conflicto de intereses neste estado de cousas. E non escoitamos por ningún lado a palabra dereitos.

De estos dereitos imos falar a continuación, pero non a partir da nosa experiencia persoal, que podería ser tan diversa como o somos nos, senón da nosa experiencia como colectivo, o gran colectivo de persoas con dereitos garantidos polo feito de ser persoas, do que nos, como sub-colectivo de persoas diagnosticadas parecemos perpetuamente excluídas. Menos mal que hai unha Convención Internacional de Dereitos das Persoas con Discapacidade, e menos mal que está ratificada polo Estado Español desde 2008.

Este verán pasado, Radio Prometea fixo a súa primeira incursión na vida política de rúa, no contexto das protestas contra a privatización da Sanidade Pública. A nosa idea principal é que non chega con loitar contra os recortes,no eido do Sistema Público de Saúde Mental, é preciso tamén cuestionar en que dirección se están usando os recursos existentes, cuestionar qué tipo de Servizo Público de Saúde Mental queremos. A continuación gustaríame leer e comentar o texto que redactamos para esa concentración, posto que consideramos que é unha boa ferramenta de partida para o diálogo e debate entre os distintos axentes sociais que conforman a estructura chamada Servizos de Saúde Mental.

 

«Ante os recortes que están a suceder no ámbito da Sanidade Pública en xeral, queremos chamar a atención sobre o eido concreto da Saúde Mental. Como persoas usuarias e ex-usuarias dos servizos de Saúde Mental, somos conscientes das graves deficiencias de atención na especialidade de Psiquiatría:

– Enfoques ineficaces, exclusivamente bioloxicistas e farmacolóxicos.

– Sobremedicación.

– Actitude paternalista.

– Sentencias de cronicidade.

– Inmovilizacións.

– Tratamentos involuntarios.

Por isto, apoiamos ás protestas contra os recortes na Sanidade Pública, pero ao mesmo tempo, non estamos dacordo con que os Servizos de Saúde Mental continúen con modelos obsoletos e ineficaces. Polo tanto, sumámonos ás reivindicacións dos movementos internacionais de persoas usuarias, ex-usuarias e profesionais críticos, e reivindicamos que se destinen os recursos nas seguintes direccións:

– Promoción do empoderamento, o asociacionismo e os grupos de apoio mutuo das persoas usuarias.

– Promoción de modelos baseados na recuperación.

– Aplicación da Convención da ONU dos Dereitos das Persoas con Discapacidade (2006).

– Intervencións terapéuticas efectivas (enfoques psicosociais, sistémicos, etc) e alternativas ao ineficaz modelo bioloxicista.

– Garantías xurídicas efectivas (consentimento informado, vontades anticipadas, incapacitacións revisables…)».

 

A modo de comentario/ampliación do anterior: O modelo bioloxicista, baseado na consideración de cronicidade para os chamados TMG (trastornos mentais graves, que por certo constitúen a maioría dos diagnósticos das persoas de Radio Prometea), e baseado tamén no tratamento farmacolóxico a longo prazo, por non decir vitalicio, como elección principal, está sendo cuestionado por cada vez máis profesionais do sector polo seu carácter reduccionista e ineficaz. A hexemonía deste modelo explicativo responde máis, de novo, a intereses comerciais da industria farmacéutica que a criterios científicos. Para ampliar esta cuestión recomendamos a lectura de dúas obras de recente publicación en castelá: Hablando claro (de psicofármacos), da psiquiatra británica Joanna Moncrieff, e tamén Medicamentos que matan e crimen organizado, do ex-director do Instituto Cochrane Nórdico, Peter Goetzsche.En calquera delas quedan moi desmontados unha serie de mitos dos que as persoas usuarias dos servizos de Saúde Mental somos víctimas a diario, en nome supostamente da nosa saúde.

A sobremedicación e a actitude paternalista son dúas consecuencias claras da hexemonía deste enfoque: cada «alteración» da conducta ou do pensamento é leida en clave de precisar máis medicación, nunha carreira sen fin  que ten como consecuencia doses diarias abusivas cuios efectos secundarios negativos superan con moito os presuntos efectos terapéuticos. Para convencer a persoa usuaria de que acepte este estado de cousas son necesarias grandes doses tamén de paternalismo, ao noso entender o contrario do empoderamento. Outra consecuencia son as frecuentes negativas por parte dos profesionais a axudar coa discontinuación/reducción  dos psicofármacos cando a persoa usuaria así o solicita, facendo uso do seu dereito a decidir sobre o seu tratamento.

Os tratamentos involuntarios de todo tipo responden, ademáis, a unha concepción da persoa con » determinados síntomas» como irresponsable, inconsciente do seu estado e sen capacidade de obrar. De novo bioloxicismo en estado puro. Esta concepción leva consigo a falta de respeto, por exemplo, á garantía xurídica do  «Consentimento Informado». Para ampliar esta idea, recomendamos a lectura do artigo de Miguel Valverde «¿Hay lugar para el consentimento informado en los tratamientos de las personas con psicosis?», publicado na revista Bioética y Derecho.

Finalmente, e despois desta crítica que soamente pudo ser brevísima por limitacións do tempo de intervención, imos coas alternativas, co Servizo Público de Saúde Mental que sí nos gustaría, xa postos a pedir desexos:

– Promoción do empoderamento a través da promoción do asociacionismo entre usuarixs. A nosa experiencia colectiva en Radio Prometea é un exemplo dos efectos positivos deste cambio de dirección. Non só estamos informadísimos, ao día dos últimos descubrimentos científicos (forma parte da nosa labor de xornalistas aficionados expertos en Saúde Mental), senón que aforramos un montón de cartos ao sistema de saúde no sentido de que recurrimos menos a él, tanto en consultas e ingresos como en consumo de psicofármacos. Isto é así porque creemos nos nosos propios recursos psicolóxicos para reducir o impacto negativo dos distintos «síntomas», estamos informados deses recursos, os usamos, os intercambiamos e os divulgamos. Cando acudimos a encontros con outros usuarios, ex-usuarios e profesionais críticos,  comprobamos que isto é así tamén en outros lugares xeográficos. Un exemplo disto é o movemento internacional Hearing Voices, do que formamos parte e que vos convidamos a coñecer mellor.

– Tamén creemos na Recuperación, e coñecemos modelos terapéuticos que apostan por ela, e que a demostran científicamente. Un bo exemplo destas boas prácticas é o modelo Diálogo Aberto en Finlandia, que consegue un 70% de remisión da psicose sen fármacos. En Finlandia está desaparecendo progresivamente o diagnóstico de Esquizofrenia, pola sinxela razón de que os síntomas psicóticos, por exemplo, non perduran o tempo suficiente para chegar a este diagnóstico. Ademáis, só se usa medicación nun 30% dos casos, e coas doses máis baixas posibles, e a corto prazo. Imaxinemos por un momento o que isto significaría en racionalización de recursos farmacolóxicos e hospitalarios.

– A Convención da ONU fala de Igualdade entre as persoas con discapacidade e as persoas sen ela. Igualdade de dereitos. A Convención da ONU fala moito máis de dereitos que de estigma. Nós tamén. Se cadra o estigma non é mais que a proxección social desta carencia de dereitos, empezando polo dereito á soberanía sobre os nosos corpos e mentes. As persoas tenden a desconfiar de quen é excluído dos dereitos de cidadanía, máis…¿de quen é responsabilidade esta exclusión? ¿non será unha responsabilidade compartida? O sistema de saúde mental ten que ser un lugar no que se proporcione axuda, no que se confíe, cun compoñente irrenunciable de respeito, empatía e escoita no caso do sufrimento psíquico. E non un lugar no que se cuestionen tales dereitos en nome dunha ciencia que, desgraciadamente, xa fai tempo que está corrompida por intereses económicos, como tantas outras áreas das nosas institucións.

E xa para rematar, pensamos que o debate entre os distintos axentes sociais (neste caso profesionais, usuarixs, ex-usuarios, familiares, etc) é necesario, democrático, e fructífero, sempre e cando se parta da igualdade na interlocución, da igualdade entre as persoas que debatimos, tal e como defende a Convención da ONU que nos defendemos. Así que, unha vez máis, gracias por fomentalo con este convite.

Un spot por la visibilidad trans de 2011

Estándar

SPOT SOBRE VISIBILIDAD TRANS (2011) from Irlanda Tambascio on Vimeo.

Fundación Triangulo y el programa www.sindudas.org presenta este spot sobre visibilidad TRANS. El proyecto tiene como finalidad dar a conocer la desigualdad de derechos y discrimanación que sufre el colectivo de personas TRANS.

Producido por http://www.fundaciontriangulo.org/ y http://vimeo.com/inquieta

Idea original: Karin Avaria Pardo
Actores: Ámber Putnam, Roberto Rey, Susana Rey
Realización y montaje: Irlanda Tambascio
Dir. fotografía: Diego Marín Verdugo
Operador de cámara: Cucho Ramírez
Producción: Adrián Novoa
Música: Bruno Tambascio
Sonido: Manuel Manzano
Vestuario: Pablo Gens
Peluquería: Miguel Corral
Maquillaje: Yolanda Martín
Grafismo: Juan Pedro Aguilar
www.irlandatambascio.es

El Código Penal de Gallardón contraviene la Convención de la ONU para personas con discapacidad

Estándar

Gallardón_campaña-detalle

Un análisis del Comité de la Naciones Unidas para este colectivo concluye que el texto refuerza la «estigmatización». La propuesta de Justicia obliga a revisar cada cinco años la supuesta peligrosidad futura de la persona con enfermedad mental antes liberarla. «Que desde el Ministerio de Justicia se alimente la idea de peligrosidad y enfermedad mental es poner por escrito que un enfermo mental es peligroso», dice una persona que padece esquizofrenia paranoide.

Enlace al texto completo en la página web del MICAP (Muy Ilustre Colegio de Abogados de Pamplona): http://www.derechopenitenciario.com/noticias/noticia.asp?id=5568

Radio Prometea no Acto pola defensa da Sanidade Pública Galega

Estándar

2014-07-04 20.31.59

Pois neste acto estivemos hoxe. Apoiando a defensa da Sanidade Pública coa nosa presenza e cos nosos cartazes e panfletos. Presenza, cartazes e panfletos que apoiaban pero que tamén destacaban temas específicos que consideramos importantes para o noso colectivo.

A continuación, o texto do noso manifesto de críticas e demandas sobre a lamentable situación do sistema de atención a saúde mental en Galicia que, por outra parte, non é que fose modélico antes da crise dado o paradigma biomédico que orientaba todo tratamento ou axuda.


Ante os recortes que están a suceder no ámbito da Sanidade Pública en xeral, queremos chamar a atención sobre o eido concreto da Saúde Mental. Como persoas usuarias e ex-usuarias dos servizos de Saúde Mental, somos conscientes das graves deficiencias de atención na especialidade de Psiquiatría:

  • Enfoques ineficaces, exclusivamente bioloxicistas e farmacolóxicos.
  • Sobremedicación.
  • Actitude paternalista.
  • Sentencias de cronicidade.
  • Inmovilizacións.
  • Tratamentos involuntarios.

Por isto, apoiamos ás protestas contra os recortes na Sanidade Pública, pero ao mesmo tempo, non estamos dacordo con que os Servizos de Saúde Mental continúen con modelos obsoletos e ineficaces. Polo tanto, sumámonos ás reivindicacións dos movementos internacionais de persoas usuarias, ex-usuarias e profesionais críticos, e reivindicamos que se destinen os recursos nas seguintes direccións:

  • Promoción do empoderamento, o asociacionismo e os grupos de apoio mutuo das persoas usuarias.
  • Promoción de modelos baseados na recuperación.
  • Aplicación da Convención da ONU dos Dereitos das Persoas con Discapacidade (2006).
  • Intervencións  terapéuticas efectivas (enfoques psicosociais, sistémicos, etc) e alternativas ao ineficaz modelo bioloxicista.
  • Garantías xurídicas efectivas (consentimento informado, vontades anticipadas, incapacitacións revisables…).

manifestacion sanidade publica

Algunhas das nosas consignas reflectidas nos cartazes foron:

  • Menos risperdal
    Máis psicosocial
  • Saúde mental pública sí
    pero con sentidiño
  • Nin cronificación
    Nin sobremedicación
  • Outra saúde
    mental e pública
    é posible
  • Nada sobre nós
    sen nós
  • Saúde mental pública sí
    Bioloxicismo non
  • Menos risperdal
    Máis xustiza social
  • Saúde mental pública sí
    pero non así
  • Saúde mental pública
    e con dereitos para @s usuari@s

peliculas189

Programa do Día de Defuntos

Estándar

– Lectura do manifesto asinado por diversos colectivos relacionados coa saúde mental contra a reforma do Código Penal.
– Un relato de terror.
– Falamos do Halloween/Samhain/Día dos Mortos

Catrinas_2

Podcast do 25 de outubro

Estándar

Contidos:

  • Debate sobre sexualidade.
  • Entrevista a Xosé Manuel Girón, presidente de FEAFES Galicia. A voltas coa reforma do Código Penal que criminaliza e viola os Dereitos Fundamentáis das persoas con diagnóstico psiquiátrico.

Ir a descargar

  • Goya9

Xornadas A Loucura na Corda en Compostela

Estándar

Pois rematou!! E como rematou? Pois cunha festa. Como iba rematar se non? Non estivo toda a xente que participou nas xornadas durante os catro días que foi moita. E menos mal, que se non non saberiamos onde meter tanta xente

Agradecemos a todxs xs que participaron dunha ou doutra forma. Moi especialmente á xente de Compostela que tivo a idea de organizar «A Loucura na Corda» e cxs que traballamos de boa gana aportando todo o que puidemos e sabiamos.

Foi un encontro no que se falou de moitos dos temas que preocupan ao mundo da saúde mental. Para nós foi sen dúbida moi enriquecedor dende o momento de comezar a organizar e esperamos que para toda a xente que acudiu nalgún momento tamén o fose.

Grazas de novo a todxs!!! Vémonos nas próximas!!!

PD: A ver se se pasa a sensación de euforia que se non non hai quen durma.

IMAGENBLOGG16

Efectos de la Convención Internacional sobre los Derechos de las Personas con Discapacidad

Estándar

Imagen

Os republicamos esta noticia, sobre un caso individual de una persona con diagnóstico de esquizofrenia, a la que parece que la Convención le ha servido de algo, en el sentido de pasar de una incapacitación total a una parcial.

http://www.asociacionsolcom.org/node/191

Para más información legal sobre incapacitaciones, os recomendamos la página de la Fundación Aequitas: http://aequitas.notariado.org/liferay/web/aequitas/inicio