Archivo de la etiqueta: sanidad pública

Fuc

Estándar

IMG-20180713-WA0055

Radio Prometea no Acto pola defensa da Sanidade Pública Galega

Estándar

2014-07-04 20.31.59

Pois neste acto estivemos hoxe. Apoiando a defensa da Sanidade Pública coa nosa presenza e cos nosos cartazes e panfletos. Presenza, cartazes e panfletos que apoiaban pero que tamén destacaban temas específicos que consideramos importantes para o noso colectivo.

A continuación, o texto do noso manifesto de críticas e demandas sobre a lamentable situación do sistema de atención a saúde mental en Galicia que, por outra parte, non é que fose modélico antes da crise dado o paradigma biomédico que orientaba todo tratamento ou axuda.


Ante os recortes que están a suceder no ámbito da Sanidade Pública en xeral, queremos chamar a atención sobre o eido concreto da Saúde Mental. Como persoas usuarias e ex-usuarias dos servizos de Saúde Mental, somos conscientes das graves deficiencias de atención na especialidade de Psiquiatría:

  • Enfoques ineficaces, exclusivamente bioloxicistas e farmacolóxicos.
  • Sobremedicación.
  • Actitude paternalista.
  • Sentencias de cronicidade.
  • Inmovilizacións.
  • Tratamentos involuntarios.

Por isto, apoiamos ás protestas contra os recortes na Sanidade Pública, pero ao mesmo tempo, non estamos dacordo con que os Servizos de Saúde Mental continúen con modelos obsoletos e ineficaces. Polo tanto, sumámonos ás reivindicacións dos movementos internacionais de persoas usuarias, ex-usuarias e profesionais críticos, e reivindicamos que se destinen os recursos nas seguintes direccións:

  • Promoción do empoderamento, o asociacionismo e os grupos de apoio mutuo das persoas usuarias.
  • Promoción de modelos baseados na recuperación.
  • Aplicación da Convención da ONU dos Dereitos das Persoas con Discapacidade (2006).
  • Intervencións  terapéuticas efectivas (enfoques psicosociais, sistémicos, etc) e alternativas ao ineficaz modelo bioloxicista.
  • Garantías xurídicas efectivas (consentimento informado, vontades anticipadas, incapacitacións revisables…).

manifestacion sanidade publica

Algunhas das nosas consignas reflectidas nos cartazes foron:

  • Menos risperdal
    Máis psicosocial
  • Saúde mental pública sí
    pero con sentidiño
  • Nin cronificación
    Nin sobremedicación
  • Outra saúde
    mental e pública
    é posible
  • Nada sobre nós
    sen nós
  • Saúde mental pública sí
    Bioloxicismo non
  • Menos risperdal
    Máis xustiza social
  • Saúde mental pública sí
    pero non así
  • Saúde mental pública
    e con dereitos para @s usuari@s

peliculas189