Archivos Mensuales: noviembre 2013

A Revolución Delirante e a sua “Mesa en espejo” (Valladolid)

Estándar

Sinto decirvos que, por moi boa xestión que fagades do voso tempo, non poderedes acudir a estas «III Jornadas De Jóvenes Profesionales De La Salud Mental». (Este chiste xa o teño feito por ahí adiante)

Pero bueno, polo menos mencionaremos que unha das nosas máis activas compañeiras figura no programa deste evento. Na chamada «Mesa en espejo» concretamente. Podedes atopar na rede máis detalles e impresións acerca dos diferentes colectivos de técnicxs e usuarixs que alí estiveron presentes.

As cifras de asistencia a estas xornadas demostran a cada vez maior crítica ao modelo vixente e o interés polas propostas alternativas en saúde mental. En 2011, 2012 e este ano 2013 a asistencia foi de 250, 550 e 700 persoas, respectivamente, entre o que supoñemos que foi unha maioría de técnicxs (en psiquiatría, enfermería, farmacia, educadores sociais,…) pero tamén da representación por parte do movemento de diagnósticadxs (englobando a usuarixs, ex-usuarixs e superviventes da psiquiatría, como diría a ENUSP). Destxs últimxs era a chamada «Mesa en espejo». E era nesta na que a nosa compañeira estivo a dar a visión dende o outro lado xunto a outras persoas: Óscar García , Edgar Vinyals e a nosa compa Paula Tomé.

Parabens a todxs xs que organizan, participan e acuden a estas xornadas e que están a acadar o cambio.

http://www.revoluciondelirante.com/

cartel