Dende Radio Prometea (CUAC FM), amosamos o noso apoio ás Marchas da Dignidade e pedimos a mobilización da cidadanía para a defensa dos Dereitos de todxs. O día 8 de outubro as Marchas se reunirán en cada cidade como paso previo á reunión masiva de toda a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade o 24 de outubro no Obradoiro en Santiago de Compostela.
Non queremos unha volta atrás ao momento anterior á crise de 2007, queremos un cambio real. No noso eido de traballo coma activistas, vemos claro que o noso colectivo foi silenciado e sufriu abusos nos seus Dereitosb básicos, non só na atención sanitaria psiquiátrica, que levamos xa máis de 3 anos denunciando, senon tamén en todo o que se refire a Dereitos sociais de igualdade e equidade como traballo, vivenda, inclusión social, participación democrática e cidadá i, en xeral, participación nas decisións que afectan ás nosas vidas.
Os nosos Dereitos son os do resto da cidadanía e os Dereitos da cidadanía tamén son os nosos.
TODAS AS LOITAS SON A MESMA!!!
NADA PARA NÓS, SEN NÓS!!!