O noso manifesto do Acto en Defensa da Sanidade Pública do 4 de xullo en A Coruña

Estándar

Onte, 8 de outubro, participamos na Mesa organizada polo Movemento Galego pola Saúde Mental. Foi na Aula Magna da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña (UDC). Esperamos seguir a colaborar có Movemento e facer chegar o noso particular punto de vista como persoas con diagnóstico psiquiátrico (usuarias, ex-usuarias e superviventes) que históricamente foi ignorado e invalidado.

O noso primeiro contacto cara a cara có Movemento foi no Acto en Defensa da Sanidade Pública que tivo lugar o 4 de xullo deste ano. O Movemento estaba alí representado e quixemos facer acto de presencia ao seu carón. Estivemos alí apoiando a sanidade pública máis tamén queríamos chamar a atención sobre o feito de que a atención á saúde mental non era axeitada moito antes da crise e os recortes. Vimos, dende fai tres tempadas do noso programa de radio, sinalando todos os defectos e graves violacións de Dereitos que coñecemos na atención psiquiátrica. Ademáis da crítica, tratamos de realizar e divulgar propostas alternativas a un sistema de saúde mental que sabemos ineficaz.

Este foi o noso manifesto:

Ante os recortes que están a suceder no ámbito da Sanidade Pública en xeral, queremos chamar a atención sobre o eido concreto da Saúde Mental. Como persoas usuarias e ex-usuarias dos servizos de Saúde Mental, somos conscientes das graves deficiencias de atención na especialidade de Psiquiatría:

  • Enfoques ineficaces, exclusivamente bioloxicistas e farmacolóxicos.
  • Sobremedicación.
  • Actitude paternalista.
  • Sentencias de cronicidade.
  • Inmovilizacións.
  • Tratamentos involuntarios.

Por isto, apoiamos ás protestas contra os recortes na Sanidade Pública, pero ao mesmo tempo, non estamos dacordo con que os Servizos de Saúde Mental continúen con modelos obsoletos e ineficaces. Polo tanto, sumámonos ás reivindicacións dos movementos internacionais de persoas usuarias, ex-usuarias e profesionais críticos, e reivindicamos que se destinen os recursos nas seguintes direccións:

  • Promoción do empoderamento, o asociacionismo e os grupos de apoio mutuo das persoas usuarias.
  • Promoción de modelos baseados na recuperación.
  • Aplicación da Convención da ONU dos Dereitos das Persoas con Discapacidade (2006).
  • Intervencións terapéuticas efectivas (enfoques psicosociais, sistémicos, etc) e alternativas ao ineficaz modelo bioloxicista.
  • Garantías xurídicas efectivas (consentimento informado, vontades anticipadas, incapacitacións revisables…).

Wikileaks_semper_veritas_03_36518

Anuncios

Acerca de Radio Prometea

Un programa de radio sobre salud mental y alrededores. En primera persona, desde un punto de vista de Derechos Humanos y con una visión crítica. Estamos en la Red Internacional de Escuchadores de Voces, Intervoice, del movimiento Hearing Voices: http://www.hearing-voices.org/ Emitimos en CUAC FM 103.4, la radio comunitaria de A Coruña, y también online. Uno de cada dos viernes de 20.00 a 21.00, excepto en vacaciones y festivos. Hay redifusión otros días de la semana. Para saber cuando, consulta la parrilla de CUAC FM con la programación: http://cuacfm.org/programacion/ Para escucharnos en directo y online: http://cuacfm.org/directo/ El podcast con todos los programas en iVoox: http://www.ivoox.com/podcast-podcast-radio-prometea_sq_f150590_1.html Facebook: https://www.facebook.com/RadioPrometea?fref=ts Twitter: https://twitter.com/RadioPrometea Diaspora: https://joindiaspora.com/u/radio_prometea_cuac_fm

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s