Queridxs amigxs, radiouvintes e simpatizantes en xeral… estamos de descanso (sin descanso) veraniego.
Pero non imos estar paradxs de todo, a xornada de traballo do sábado deixounos con moitas ganas de reactivarnos. Así que vos propoñemos colaborar con nos para ir preparando a próxima temporada de Radio Prometea. Así, Radio Prometea será cada vez máis e máis cooperativo, que é o que queremos.
Podedes suxerirnos temas de debate, artigos, entrevistas ou temas musicais para ir facendo un almacén de contidos, ben gardadiños para que cheguen a setembro en perfecto estado. O máis cómodo se non tedes Facebook é escribirnos ao noso email:
radioprometea@hotmail.com
Pois veña, imos aló……